Asociacion de Veciños de Araño
  Historia
 
 

A Asociación de Veciños/as de Araño, é unha asociación sen ánimo de lucro, que foi fundada o 27 de novembro do 1991, tendo un período de inactividade dende mediados de 1995 ata o 2007. Esta asociación rexurde para busca a mellora continua nos distintos eidos que afectan á vida cotiá dos veciños da parroquia do Araño e formar parte e participar dos órganos de goberno aos que sexa convocada polo Concello ou calquera outro organismo para mellor defensa dos intereses comúns, tanto de ámbito parroquial como municipal.

Con esta páxina preténdese dar a coñecer
a todos os veciños as actividades, noticias, etc. que afecten ao Araño, así como dar a posibilidade aos veciños de expresar as súas opinións e que poidan facer propostas para mellorar a convivencia na parroquia para o que só terán que remitirnos un email ao enderezo aavv.aranho@gmail.com.

Un saúdo para todos e gracias pola vosa cooperación.
 
   
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis